O
15 de outubro, no pavillón do Colexio das Neves, convocados polo
Concello, xuntámonos a Comunidade Escolar (todos os centros educativos,
representantes de país e nais, profesorado, etc) así como representantes do voluntariado
para lembrarmos os terribles incendios que asolaron boa parte do
municipio. Isto non significa que fose un acto nostálxico, por máis que
exercermos a memoria é necesario; foi sobre todo un evento de esperanza,
de necesidade para demandarmos colectivamente un cambio nos usos, xestión e produtividade do noso monte, do noso rural. Queremos o fin do monocultivo do eucalipto. Apostamos pola biodiversidade con especies autóctonas. Pretendemos espallar conciencia medioambientalista e levar á práctica os valores e ideas de defensa da natureza. Neste sentido, tal e como afirmou o alcalde das Neves Xosé Manuel Rodríguez Méndez na súa intervención, a mocidade é a peza clave para esta tarefa tan necesaria de cara a construirmos un futuro mellor. En relación con isto, explicitou o compromiso da Comunidade Educativa en levar adiante un fermoso plan educativo, social e comunitario: “O Monte nace na Escola”. A participación dos centros de ensino, a súa aportación, o seu traballo, contribuirá decididamente a un cambio de rumbo estratéxico e en beneficio das persoas.
Tamén
houbo outras intervencións. Ademais do voluntariado, cómpre destacar a
presentación e visualización pública do logo coa súa autora, alumna de
5º curso do Ceips das Neves, e tamén a lectura dunhas palabras a cargo
de tres alumnos do noso Instituto, que reproducimos aquí.
Polo tanto, noraboa por sementar futuro!
Lumes Nunca Máis!
Fóra Eucaliptos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario